
Organizacións cívicas e sociais galegas, entre elas a Coordinadora Galega de ONGD, e varias ONGD integradas nela, como participantes no proceso do Foro Social Mundial dende Xaneiro de 2001, convocan a un acto cívico de movilización para expresar dende o noso país, a solidariedade coas principais reivindicacións do movemento antiglobalización.
Por esta razón, convocan a unha Asemblea de Movementos Sociais Galegos, así como a unha Feira de Asociacións (as organizacións interesadas en dispoñer dun espacio para amosar materiais, ideas ou o que consideren deben contactar antes do 15 de xaneiro con info@altermundo.org), para o día de mobilización e acción global que este ano sustitúe ó Foro Social Mundial centralizado.
O obxectivo desta Asemblea, escollida para manter o confronto co Foro Económico Mundial de Davos, encontro da elite neoliberal que acontece sempre no mes de xaneiro desa vila alpina, será o de iniciar a andaina necesaria cara un Foro Social Galego (FSG).
Data: 26/01/2008
Provincia: A Coruña
Localidade: Santiago de Compostela
Axente: Coordinadora Galega de ONGD
Lugar: Facultade de Xeografía e Historia
Horario: 11:30 h
As persoas ou organizacións que desexen integrarse neste proxecto, deberán dirixirse a: info@altermundo.org, paz@sgep.org, fgs@galizasempre.org.
MÁIS INFORMACIÓN:
Cara un Foro Social Galego
Materiais promocionais
O chamamento internacional
Sitio do FSM 2008
Sitio do Fórum Social Mundial
Sem comentários:
Enviar um comentário