
Movimiento "SUFATO - SuperaFavordeTodo"

"MOVEMENTO SUFATO [SuperaFavordeTodo](1)
Un si radical, unha onda de entusiasmo, unha corrente eléctrica de afirmación da vida. A violencia morbosa do signo positivo. A cultura da queixa e da confrontación está obsoleta. Os seus métodos son tópicos, conservadores, aburridos, e sobre todo profundamente ineficaces. A
negación nega, non constrúe, a negación nega, non transforma. a negación é combustible para as fauces da máquina.
SUFATO vai por outra vía. O noso movemento, en liña coa folga xaponesa, acepta a natureza atroz do poder e incorpora as súas perversións máis íntimas. Tampouco é para tanto: o poder é un relato bastante feble. Basta con empurralo levemente, superafavor de si mesmo (cara o seu punto de fuga) para que perda todo sentido, desvele a súa arbitrariedade idiota e se poña en ridículo*.
* “Autodestrucción inducida”, ou táctica de segunda derivada."
(1) Texto de manifesto publicado na integra em Galego.

Sem comentários:
Enviar um comentário